Iván Lorenzo Pousada é un antigo alumno do IES García Barbón que tivo a ben colaborar no Proxecto ATEI -A Túa Experiencia Interesa-.
Á esquerda Iván Lorenzo e á dereita Benito Fernández (Xefe do Departamento de Mantemento Industrial).
Iván Lorenzo estudou fóra de Verín un Ciclo Superior da súa especialidade e ten experiencia laboral en Compresores e na Enerxía Eólica, viaxando habitualmente por España e polo estranxeiro. Considera que estudar e traballar fóra de Verín é unha experiencia moi interesante tanto persoal como laboralmente.
Iván puxo moito énfase en destacar a enorme importancia de adquirir unha boa base teórica inicial e do interese xeral das empresas nas que traballou en dúas cuestións:
- Saber estar e facer ben o traballo.
- Desenvolverse con habilidade no traballo en equipo.
Actualmente, comezou unha nova andaina laboral como autónomo en Verín.
O alumnado estivo moi atento as súas explicación e fixo moitas preguntas.
Moitísimas grazas pola túa colaboración!
Amosando publicacións coa etiqueta ciclo_medio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciclo_medio b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 18 de decembro de 2013
mércores, 11 de decembro de 2013
JULIÁN BARRIO E LOURDES DE GIL FALAN PARA O ALUMNADO DE CAE
Julián Barrio Rúa e Lourdes de Gil Gago -antigos estudantes do IES García Barbón- estiveron impartindo unha moi útil e interesante charla informativa sobre a súa experiencia académica e laboral a que asistiron os estudantes de Coidados Auxiliares de Enfermaría (CAE).
Destacaron, entre outras cuestións, a necesidade de ter vocación de servizo aos doentes e de realizar un traballo profesional que vai ligado a un proceso de aprendizaxe permanente.
Quero aproveitar para felicitar ao alumnado de CAE xa que estivo moi atento e interesado durante a sesión e fixo moitas preguntas.
Moitísimas grazas ós dous pola súa colaboración!
martes, 19 de novembro de 2013
IAGO PAREDES BARROS CONTA A SÚA EXPERIENCIA LABORAL
O Xefe do Departamento de Automoción José Luís Fernández Sampedro,presenta a Iago.
O antigo alumno do noso centro Iago Paredes Barros, que traballa en Talleres Agripino de Verín (RENAULT) tivo a ben colaborar co noso Proxecto ATEI -A Túa Experiencia Interesa- e estivo no salón de actos explicando a súa traxectoria académica e laboral ao alumnado do Ciclo Medio de Automoción e do Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI).
Entre outras interesantes aportacións que nos facilitou, destacamos o fincapé que fixo na importancia dos coñecementos teóricos que se deben adquirir na formación que se leva a cabo no IES García Barbón. Animou aos estudantes en formación a realizar con moito entusiasmo e motivación a súa formación práctica nos talleres xa que a considera unha ponte para insertarse no mundo laboral.
O alumnado asistente atendeu con moita atención as explicacións de Iago e fixo moitas preguntas.
Moitas grazas a Iago pola súa colaboración e parabéns para o alumnado polo seu interese, saber estar e participación activa nesta actividade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


