Álvaro Rivero -antigo alumno do IES García Barbón- estivo impartido unha charla informativa ao alumnado de 2º de Bacharelato -modalidade de Ciencias Sociais- sobre a súa traxectoria académica como estudante do grao en Economía.
Álvaro comezou os estudos de Economía na Universidade Carlos III de Madrid e recoñece que, no primeiro curso, tivo dificultades para superar todas as materias. Considera que hai que esforzarse e traballar duro -adicar horas e horas- para acadar as metas que cada un se marca na súa vida.
Ao rematar o terceiro curso do Grao en Economía tomou a decisión de solicitar unha beca Erasmus e marcharse a completar os seus estudos nunha Universidade dos Emiratos Árabes -United Arab Emirates University-.
Durante a súa intervención, destacou a importancia de adquirir unha boa competencia lingüística en inglés -aconsella escoitar moito ver a televisión en ingles- e a de esforzarse diariamente, xa que nos movemos nun mundo moi competitivo.
Agradecemos moito a colaboración de Álvaro Rivero e decímoslle: MOITAS GRAZAS!
Amosando publicacións coa etiqueta Estudos_universitarios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Estudos_universitarios b>. Amosar todas as publicacións
venres, 11 de abril de 2014
martes, 4 de febreiro de 2014
MARI PRIETO ESTIVO NO IES GARCÍA BARBÓN VÍA SKYPE
Moitas grazas! pola súa segunda colaboración a Mari Prieto, neste caso unha charla vía Skype
para o alumnado de 2º de Bacharelato.
luns, 20 de xaneiro de 2014
LUCÍA GARCÍA GARCÍA ACONSELLA AO ALUMNADO
Lucía García García estivo o día 20 de xaneiro facilitando as súas reflexións e consellos ao alumnado do IES García Barbón. Actualmente, cursa 3º curso do Grao de Enfemaría en Chaves.
Moitísimas grazas a Lucía pola súa colaboración.
domingo, 8 de decembro de 2013
OS CONSELLOS DE MARTA VAAMONDE FRANCO
Marta Vaamonde Franco
Mestre Especializado en Educación Infantil
Actualmente estudando CS de Guía, Información e Asistencia Turística
Consellos que podes facilitar ao alumnado que
cursa estudos non universitarios
Que se organicen ben, que non deixen as cousas para o
último día, que pensen no seu futuro, que non se agobien porque todo parece moi
negro ó principio pero con un pouco de esforzo acábase conseguindo o que se
quere. E por suposto que disfruten desta etapa.
Consellos que consideras máis importantes para
elixir estudos superiores.
Ante todo ten que ser algo que che guste, obviamente hai
que pensar no futuro pero non podes basarte só en elixir unha carreira polas
saídas profesionais que pode ter xa que se non é o que a ti che gusta, vaiche
costar moito máis aprobalo e vas acabar desempeñando un traballo que
posiblemente non che agrade.
Poño de exemplo o meu caso, eu sempre quixen estudar Maxisterio Infantil, todos sabemos que o mercado laboral nesta rama non pasa poño seu mellor momento, pero non ía estudar Dereito (que pode ter mais saídas) que é algo que nunca me chamou a atención e que posiblemente non sería capaz de acabar.
Poño de exemplo o meu caso, eu sempre quixen estudar Maxisterio Infantil, todos sabemos que o mercado laboral nesta rama non pasa poño seu mellor momento, pero non ía estudar Dereito (que pode ter mais saídas) que é algo que nunca me chamou a atención e que posiblemente non sería capaz de acabar.
Requisitos principais para cursar e aprobar en
estudos superiores.
O primeiro é botarlle
ganas, sentirte agusto e que che guste o que estás estudando. Obviamente hai
que adicarlle horas de estudo e de traballo, pero todo será máis facil se nos
sentimos ben co que facemos e se existe unha motivación.
Moitas grazas a Marta pola súa colaboración!
venres, 8 de novembro de 2013
OS CONSELLOS DE BEATRIZ LOSADA VEIGA
Beatriz Losada Veiga estudou Turismo na Universidade de Vigo e fixo estudos de Posgrao en Dirección e Planificación do Turismo . Xa ten experiencia laboral.
Das súas aportacións, destacamos:
As aportacións que se destacan son unha síntese.
Das súas aportacións, destacamos:
O camiño de estudante vaite marcar ao longo da túa vida, vaite axudar a adquirir a túa personalidade, os teus gustos e intereses.
|
O meu consello cando vos sintades perdidos é que elixades o que vos guste, sen medo.
|
É moi importante sempre visualizarte nun futuro, verte desenvolvendo o traballo que che guste, que te encha, e marcar o camiño para acadalo.
|
Si algo che interesa, si algo che gusta, tí mesmo te marcas metas de estudo. Con prestar atención, facer os traballos e estudar o necesario poderás sacar os estudos superiores con boa media e sen esforzo aparente.
|
As aportacións que se destacan son unha síntese.
Moitas grazas a Beatriz Losada pola súa colaboración!
OS CONSELLOS DE MARI PRIETO BLANCO
Mari Prieto Blanco é estudante de Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto na Universidade da Coruña -Campus de Ferrol- e tivo a ben colaborar co noso Proxecto.
Das súas aportacións, destacamos:
As aportacións que se destacan son unha síntese.
Das súas aportacións, destacamos:
Canto maior e mellor sexa a base previa aos estudos superiores -estudos de educación secundaria e bacharelato- máis fáciles van resultar os seguintes anos.
|
O principal sería que non deixasen as cousas para o último momento, que se organizasen e mantivesen unha rutina. Que non entren nunha actitude "todo me da igual", que se esforcen por sacar o bacharelato e poder pasar ás ensinanzas superiores, xa que hoxe se non estás ben preparado non tes futuro.
|
O primeiro é que pensen no que lles gusta, que non se deixen influenciar, os que van a estudar van ser eles, así que a decisión debe ser deles.
|
Un dos principais requisitos para aprobar nos estudos superiores é ter unha boa organización e responsabilidade para levar a materia ó día.
|
As aportacións que se destacan son unha síntese.
Moitas grazas a Mari Prieto pola súa colaboración!
mércores, 30 de outubro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


