Amosando publicacións coa etiqueta automoción. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta automoción. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de febreiro de 2014

CHARLA DE ORIENTACIÓN LABORAL PARA O ALUMNADO DE AUTOMOCIÓN

O empresario do ámbito da automoción, Antonio Atanes de Talleres Verauto Servi de Verín estivo impartindo  unha interesante charla informativa ao alumnado do Ciclo Medio de Automoción e do Programa de Cualificación Profesional Inicial do IES García Barbón.

Antonio Atanes destacou o alto nivel de formación do alumnado de Automoción do IES García Barbón que ten realizado a formación práctica nas súas instalacións e animou ao alumnado a montar o seu propio negocio na comarca.


Complementariamente, fixo fincapé na necesidade e importancia de traballar en equipo como unha moi boa estratexia para seguir aprendendo.



O alumnado estivo atento ás explicacións do empresario e fixo moitas preguntas.

Agradecemos moito a colaboración de Antonio Atanes. Grazas!

martes, 19 de novembro de 2013

IAGO PAREDES BARROS CONTA A SÚA EXPERIENCIA LABORAL

O Xefe do Departamento de Automoción José Luís Fernández Sampedro,presenta a Iago.

O antigo alumno do noso centro Iago Paredes Barros, que  traballa en Talleres Agripino  de Verín (RENAULT) tivo  a ben colaborar co noso Proxecto ATEI -A Túa Experiencia Interesa- e estivo no salón de actos explicando a súa traxectoria académica e laboral ao alumnado do Ciclo Medio de Automoción e do Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). 
Entre outras interesantes aportacións que nos facilitou, destacamos o fincapé que fixo na importancia dos coñecementos teóricos que se deben adquirir na formación que se leva a cabo no IES García Barbón. Animou aos estudantes en formación a realizar con moito entusiasmo e motivación a súa formación práctica nos talleres xa que a considera unha ponte para insertarse no mundo laboral.

O alumnado asistente atendeu con moita atención as explicacións de Iago e fixo moitas preguntas.
Moitas grazas a Iago pola súa colaboración e parabéns para o alumnado polo seu interese, saber estar e participación activa nesta actividade.