mércores, 11 de decembro de 2013

JULIÁN BARRIO E LOURDES DE GIL FALAN PARA O ALUMNADO DE CAE

Julián Barrio Rúa e Lourdes de Gil Gago -antigos estudantes do IES García Barbón-  estiveron impartindo unha moi útil e interesante charla informativa sobre a súa experiencia académica e laboral a que asistiron os estudantes de Coidados Auxiliares de Enfermaría (CAE).

Destacaron, entre outras cuestións, a necesidade de ter vocación de servizo aos doentes e de realizar un traballo profesional que vai ligado a un proceso de aprendizaxe permanente.
Quero aproveitar para felicitar ao alumnado de CAE  xa que estivo moi atento e interesado durante a sesión e fixo moitas preguntas. 
 Moitísimas grazas ós dous pola súa colaboración!


Ningún comentario:

Publicar un comentario