mércores, 18 de decembro de 2013

CHARLA DE IVÁN LORENZO POUSADA (MANTEMENTO INDUSTRIAL)

Iván Lorenzo Pousada é un antigo alumno do IES García Barbón que tivo a ben colaborar no Proxecto ATEI -A Túa Experiencia Interesa-.

 Á esquerda Iván Lorenzo e á dereita Benito Fernández (Xefe do Departamento de Mantemento Industrial).

Iván Lorenzo estudou fóra de Verín un Ciclo Superior da súa especialidade e ten experiencia laboral en Compresores e na Enerxía Eólica, viaxando habitualmente por España e polo estranxeiro.  Considera que estudar e traballar  fóra de Verín é unha experiencia moi interesante tanto persoal como laboralmente.




Iván puxo moito énfase en destacar a enorme importancia de adquirir unha boa base teórica inicial e do interese xeral das empresas nas que traballou en dúas cuestións:

                    - Saber estar e facer ben o traballo.

                    - Desenvolverse con habilidade no traballo en equipo.

Actualmente, comezou unha nova andaina laboral como autónomo en Verín.

O alumnado estivo moi atento as súas explicación e fixo moitas preguntas.

Moitísimas grazas pola túa colaboración!

                   


Ningún comentario:

Publicar un comentario