domingo, 8 de decembro de 2013

OS CONSELLOS DE MARTA VAAMONDE FRANCO


Marta Vaamonde Franco

Mestre Especializado en Educación Infantil

Actualmente estudando CS de Guía, Información e Asistencia Turística


Consellos que podes facilitar ao alumnado que cursa estudos non universitarios
Que se organicen ben, que non deixen as cousas para o último día, que pensen no seu futuro, que non se agobien porque todo parece moi negro ó principio pero con un pouco de esforzo acábase conseguindo o que se quere. E por suposto que disfruten desta etapa.

Consellos que consideras máis importantes para elixir estudos superiores.
Ante todo ten que ser algo que che guste, obviamente hai que pensar no futuro pero non podes basarte só en elixir unha carreira polas saídas profesionais que pode ter xa que se non é o que a ti che gusta, vaiche costar moito máis aprobalo e vas acabar desempeñando un traballo que posiblemente non che agrade.
Poño de exemplo o meu caso, eu sempre quixen estudar Maxisterio Infantil, todos sabemos que o mercado laboral nesta rama non pasa poño seu mellor momento, pero non ía estudar Dereito (que pode ter mais saídas) que é algo que nunca me chamou a atención e que posiblemente non sería capaz de acabar.

Requisitos principais para cursar e aprobar en estudos superiores.
O primeiro é botarlle ganas, sentirte agusto e que che guste o que estás estudando. Obviamente hai que adicarlle horas de estudo e de traballo, pero todo será máis facil se nos sentimos ben co que facemos e se existe unha motivación.


 Moitas grazas a Marta pola súa colaboración!

Ningún comentario:

Publicar un comentario