venres, 8 de novembro de 2013

OS CONSELLOS DE MARI PRIETO BLANCO

Mari Prieto Blanco é estudante de Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto na Universidade da Coruña -Campus de Ferrol- e tivo a ben colaborar co noso Proxecto.
Das súas aportacións, destacamos:



Canto maior e mellor sexa a base previa aos estudos superiores -estudos de educación secundaria e bacharelato- máis fáciles van resultar os seguintes anos.

O principal sería que non deixasen as cousas para o último momento, que se organizasen e mantivesen unha rutina. Que non entren nunha actitude "todo me da igual", que se esforcen por sacar o bacharelato e poder pasar ás ensinanzas superiores, xa que hoxe se non estás ben preparado non tes futuro.

O primeiro é que pensen no que lles gusta, que non se deixen influenciar, os que van a estudar van ser eles, así que a decisión debe ser deles.

Un dos principais requisitos para aprobar nos estudos superiores é ter unha boa organización e responsabilidade para levar a materia ó día.

As aportacións que se destacan son unha síntese.
Moitas grazas a Mari Prieto pola súa colaboración!

Ningún comentario:

Publicar un comentario