venres, 8 de novembro de 2013

OS CONSELLOS DE BEATRIZ LOSADA VEIGA

Beatriz Losada Veiga estudou Turismo na Universidade de Vigo e fixo estudos de Posgrao en Dirección e Planificación do Turismo . Xa ten experiencia laboral.
Das súas aportacións, destacamos:



O camiño de estudante vaite marcar ao longo da túa vida, vaite axudar a adquirir a túa personalidade, os teus gustos e intereses.

O meu consello cando vos sintades perdidos é que elixades o que vos guste, sen medo.


É moi importante sempre visualizarte nun futuro, verte desenvolvendo o traballo que che guste, que te encha, e marcar o camiño para acadalo.

Si algo che interesa, si algo che gusta, tí mesmo te marcas metas de estudo. Con prestar atención, facer os traballos e estudar o necesario poderás sacar os estudos superiores con boa media e sen esforzo aparente.

As aportacións que se destacan son unha síntese.
Moitas grazas a Beatriz Losada pola súa colaboración!

Ningún comentario:

Publicar un comentario