sábado, 14 de marzo de 2015

CHARLA INFORMATIVA SOBRE EMPREGO PÚBLICO

O día 12 de marzo de 2015 estivo no IES García Barbón a formadora de Academia Postal Ourense, Yolanda Mosquera, para falar sobre as oportunidades de emprego público e comentar algunhas consideracións sobre as probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior.


Yolanda Mosquera falou, na primeira sesión da mañá,  para os estudantes do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría, centrando a súa intervención sobre as oposicións específicas deste colectivo e tratando outras cuestións que lle preguntaron.


Na segunda sesión da mañá, a profesora de Academia Postal explicou as posibilidades de emprego público e consellos útiles para a preparación das probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior, ao alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. Tamén acudiron estudantes interesados de Bacharelato.

Moitas grazas a Yolanda Mosquera pola súa colaboración co IES García Barbón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario