luns, 2 de febreiro de 2015

CHARLA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA DE BELÉN LUÍS FERNÁNDEZ

No día de hoxe tivemos a sorte de contar coa charla de orientación académica -dentro do Proxecto ATEI "A Túa Experiencia Interesa"- que impartíu Belén Luís Fernández para o alumnado de 2º de Bacharelato.



Belén falounos da súa traxectoria académica -cursou un Ciclo de Grao Superior da familia profesional de Sanidade- e rematou o Grao en Enfermaría na Escola Universitaria de Enfermaría de Chaves. Actualmente estuda inglés na Escola Oficial de Idiomas en Verín e prepara oposicións.



Destacou a enorme importancia de ter un bo nivel de inglés para poder asegurarse unha saída laboral e da necesidade de seguir estudando de maneira habitual.



Quero aproveitar para darlle MOITAS GRAZAS!  por contarnos a sús experiencia académica e profesional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario