martes, 28 de outubro de 2014

MANUEL RÚA CONTA A SÚA EXPERIENCIA: FALAR ALEMÁN EN CINCO MESES

Manuel Rúa, antigo alumno do IES García Barbón tivo a ben contarnos a súa interesante experiencia académica, laboral e vital.
Manuel Rúa con Carmen Berenguer, tirora de 2º  de Bacharelato e colaboradora principal do Departamento de Orientación

Estivo no salón de actos do noso centro e relatou a súa historia académica -educación secundaria, bacharelato, ciclo formativo de grao superior- e as súas vivencias en Alemania.


Destacou o papel fundamental que xoga o ter interese por aprender e ser competente no desenvolvemento do teu traballo. Contounos as dificultades de aprender unha lingua nova -como é o alemán- e as múltiples historias que lle aconteceron na súa estadía fóra de Galicia.



Foi un verdadeiro pracer poder escoitar a súa experiencia e agradecémoslle moito a súa desinteresada colaboración. MOITAS GRAZAS!!


Grazas a todo o alumnado polo seu excelente comportamento e a súa participación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario