venres, 11 de abril de 2014

DE VERÍN AOS EMIRATOS ÁRABES (A interesante aventura académica de Álvaro Rivero)

Álvaro Rivero -antigo alumno do IES García Barbón- estivo impartido unha charla informativa ao alumnado de 2º de Bacharelato -modalidade de Ciencias Sociais- sobre a súa traxectoria académica como estudante do grao en Economía.

Álvaro comezou os estudos de Economía na Universidade Carlos III de Madrid e recoñece que, no primeiro curso, tivo dificultades para superar todas as materias. Considera que hai que esforzarse e traballar duro -adicar horas e horas- para acadar as metas que cada un se marca na súa vida.

Ao rematar o terceiro curso do Grao en Economía tomou a decisión de solicitar unha beca Erasmus e marcharse a completar os seus estudos nunha Universidade dos Emiratos Árabes -United Arab Emirates University-.

Durante a súa intervención, destacou a importancia de adquirir unha boa competencia lingüística en inglés -aconsella escoitar moito ver a televisión en ingles- e a de esforzarse diariamente, xa que nos movemos nun mundo moi competitivo.

Agradecemos moito a colaboración de Álvaro Rivero e decímoslle: MOITAS GRAZAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario