martes, 19 de novembro de 2013

IAGO PAREDES BARROS CONTA A SÚA EXPERIENCIA LABORAL

O Xefe do Departamento de Automoción José Luís Fernández Sampedro,presenta a Iago.

O antigo alumno do noso centro Iago Paredes Barros, que  traballa en Talleres Agripino  de Verín (RENAULT) tivo  a ben colaborar co noso Proxecto ATEI -A Túa Experiencia Interesa- e estivo no salón de actos explicando a súa traxectoria académica e laboral ao alumnado do Ciclo Medio de Automoción e do Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). 
Entre outras interesantes aportacións que nos facilitou, destacamos o fincapé que fixo na importancia dos coñecementos teóricos que se deben adquirir na formación que se leva a cabo no IES García Barbón. Animou aos estudantes en formación a realizar con moito entusiasmo e motivación a súa formación práctica nos talleres xa que a considera unha ponte para insertarse no mundo laboral.

O alumnado asistente atendeu con moita atención as explicacións de Iago e fixo moitas preguntas.
Moitas grazas a Iago pola súa colaboración e parabéns para o alumnado polo seu interese, saber estar e participación activa nesta actividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario